Dominio creado e espazo xestionado pola Candidatura do 2007 do BNG de Lourenzá.
Informamos ós nosos veciños e veciñas que procedemos a borrar todo o seu contido ó mesmo tempo que pomos no seu coñecemento que a falta de actividade pública durante estes últimos 2 anos (a non elaboración do Voceiro, a non convocatoria de xuntanzas, etc.) debeuse a unha total discrepancia ca dirección comarcal do BNG dada a súa falta de respecto hacia os nosos militantes, simpatizantes e, o peor de todo, hacia ós nosos veciños; veciños que representamos.
A partires de agora, calquera persoa que queira dirixirse ó BNG de Lourenzá deberá remitirse ós membros que compoñen a candidatura do 2011 ou ben directamente á dirección comarcal do BNG. Sendo, en ámbolos casos, os únicos responsables de calquera iniciativa ou feito que afecte ós nosos veciños ou á súa convivencia.